Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE000704
Clasificación Genérica Metais
Objeto/Documento Peite
Materia/Soporte Bronce
Técnica Fundido en molde
Dimensiones Anchura = 6,38 cm; Lonxitude = 11,15 cm; Grosor máximo = 0,20 cm; Peso = 58,71 gr
Descripción CRINALE.BRONCE
Contexto Cultural/Estilo Imperio Romano
Uso/función Obxecto de aseo e adorno persoal
Fechas Referencia 301=400
Lugar de Procedencia Petín (Santiago)
Lugar Específico/Yacimiento O Pombar
Clasificación Razonada Este tipo de peite poido utilizarse como un simple obxecto de aseo ("pecten") para peitear ou desengedellar o cabelo ou ben como elemento de adorno ("crinale") para suxeitar algún tipo específico de peiteado. Na época romana este tipo de instrumentos asóciase ao mundo das mulleres ("mundus muliebris") . Aínda que as testemuñas da súa existencia escasean, temos constancia de que, no Imperio Romano, o artesano encargado da súa fabricación recibía o nome de "pectinarius". A materia prima empregada na elaboración dos peites podía ser madeira, bronce, marfil, óso, corna, etc.
Esta peza ingresou no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense como consecuencia dunha doazón polo cal carece de contextualización. De tódolos xeitos, coñécense obxectos que gardan certa similitude có noso noutros lugares da xeografía española, como acontece có caso dun peite procedente do xacemento de Landatxo (Aretxabaleta, Álava) que se fecha nos séculos IV-V d. C. Tendo en conta a datación do exemplar alavés e a correspondente aos mosaicos atopados en A Cigarrosa (finais do século III ou principios do século IV), podería propoñerse unha cronoloxía ao longo do século IV para o noso peite.
Por outra banda, segundo a nova publicada no seu momento no Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos de Orense, o peite apareceu nunha sepultura xunto a "un vaso de arcilla gris" e "una medalla de bronce". Ambos obxectos non chegaron a ser vistos polos membros da comisión encargados da redacción do correspondente informe; sin embargo, estos datos inducen a hipotetizar sobre a existencia dunha tumba có seu correspondente enxoval funerario.
Bibliografía COMISIÓN DE MONUMENTOS DE ORENSE. Libro de Actas. Comisión de Monumentos de la Provincia de Orense. 19/5/1895-3/3/1944. p. 9. Sesión ordinaria de 22 de julio de 1896

MACÍAS GARCÍA, M; HERMIDA, M; VÁZQUEZ NÚÑEZ, A. Informe relativo al descubrimiento y estudio de un mosaico y otros restos de la época romana en Rúa-Petín. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense. Ourense (l): 03/1898, nª1, 5-10. pp. 5-10.
Forma de Ingreso Doazón
Fecha de Ingreso 22/07/1896
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Ana María Veiga Romero

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6